Cabecera Vide

O Rápido de Bouzas en postos de clasificación para nla Copa Federación

O Rápido de Bouzas buscou o gol dende o pitio inicial ante un Céltiga xa descendido e que está a desexar que remate la tempada. O gol da vitoria dos vigueses chegou ao comezo da segunda parte, cando Pardavila viu o porteiro adiantado e igual que sucedese a semana pasada, meteulle o balón por enriba.

A vitoria asenta os vigueses na oitava praza, polo que se a próxima fin de semana derrotan ao Narón no Municipal de Bouzas, conseguirán a clasificación para la Copa Federación.

0- Céltiga: Adrian, Janeiro, Óscar Río, Groba, Sombri,  Beni (Óscar García, minuto 60), Rubén Cerqueira (Juanito, minuto 61), Jacinto, Fede (Josiño, minuto 69), Breogan e Berto.
1- Rapido : Roberto, Marcos, Cotilla, Portas, Villa, Rubén, Fidi (Carlos, minuto 79), Chema (Pablo, minuto 74), Pardavila, Diz e Jacobo (Carnero, minuto 57).
Gol: 0-1, minuto 55: Pardavila.
Árbitro: Brito Regadera, auxiliado por Veiga e Serrano. Amonestou a los vigueses Marcos e Villa.
Incidecias: Ultimo partido da tempada no Salvador Otero da Illa, arredor de 200 espectadores nas bancadas.