Cabecera Vide

La Selección Cadete Galega de Béisbol estréase con dobre vitoria

seleccion_cadete O sábado 11 de maio, la Selección Cadete Galega de Béisbol estreouse como equipo gañando os dous partidos do I Torneo das Letras Galegas, organizado pola FEGABESOF e no que foi invitada a Selección cadete de Béisbol de Asturias. O primeiro partido rematou 12 Galicia vs 2 Asturias ao peche da 4ª entrada e o 2º finalizou 14 Galicia vs 5 Asturias.

Ambas as dúas seleccións disputarán en Asturias e en setembro o Campionato de España de Selecciones e esta foi unha boa oportunidade de ir preparando a competición.

Ambos os dous partidos gañaron comodamente e a Selección Galega deu boas sensacións, aínda que o grupo deberá seguir traballando en futuras concentracións para mellorar e ter opcións no nacional de setembro. Son un grupo moi novo, maioritariamente formado por cadetes de primeiro ano pero con moita ilusión. Unha Selección formada por xogadores de Vigo, Coruña e Santiago.

Vigo conta con 11 xogadores, 10 deles de Trasnos Béisbol Club, ademais de 2 técnicos no grupo, sen dúbida o béisbol crece e afiánzase na cidade olívica.

3 dos xogadores do Trasnos seleccionados viaxarán a próxima semana a Pamplona a participar no Campionato de España de Béisbol cadete serie A, Dani Villacieros, Miguel Groba e Anxo Heras.