Cabecera Vide

Cómoda derrota para o Rápido na súa casa

O Rápido viuse condicionado polo tempraneiro gol de Santi Fernández, que aproveitou un fallo de marca da defensa viguesa para plantarse só ante Aarón, ao que bateu por abaixo. Os dous equipos esqueceron tomar precaucións defensivas, e apostaron por xogar ao ataque, dispoñendo os vigueses das mellores ocasións para marcar.

Jacobo e Pardavila dispuxeron de ata catro ocasións consecutivas para conseguir a igualada, pero foron os ferrolanos os que puideron ampliar a vantaxe, salvando Aarón in extremis cunha gran man.

Na segunda parte o Rápido continuou premendo, e no minuto sesenta e dous empataba o encontro por mediación de Diz, que acababa de entrar no terreo de xogo. O cadro de Juan Carlos Andrés fíxose dono do partido e catro minutos máis tarde lle daba a volta ao partido ao marcar Jacobo de vaselina.

A sentenza chegou a dez minutos para o final do partido, cando Pardavila mete o balón dende a esquerda ao centro, e Diz dun potente disparo consegue o terceiro para un Rápido que rematará a tempada en oitava posición. A conta a pechou Pardavila cun cuarto gol.

4  – Rápido de Bouzas: Aarón (Roberto, minuto 59), Marcos, Cotilla, Portas, Villa (Chema, minuto 57), Rubén, Fidi, Xosé, Pardavila, Borja (Diz, minuto 46) e Jacobo.
 
1 – Narón: Coira, Agustín, José, Xusto, Diego Muiña, Varela (Luis Coedo, minuto 69), Diego López, Jontahan, Santi Fernández, Álvaro e Pablo Rodríguez (Juanito, minuto 55).

Goles: 0-1, minuto 8: Santi Fernández. 1-1, minuto 62: Diz. 2-1, minuto 66: Jacobo. 3-1, minuto 80: Diz. 4-1, minuto 89: Pardavila. Árbitro: Cives Enjo, auxiliado por Blanco Rodríguez e Pérez Rellán. Amonestou a Varela, do Narón. Incidencias: Encontro disputado no Baltasar Pujales de Bouzas, que rexistrou unha boa entrada.