Táboas na primeira cita da semana para o Olivo

Empate a un no partido disputado onte, no campo do Aral en Baiona, entre o Erizana e o Olivo correspondente a cuarta xornada da Copa Federación de segunda división de fútbol feminino. Primeira das tres citas que teñen as rapazas que adestra Juan Carlos García "Charly" esta semana.

As viguesas reciben hoxe, ás 21 h. no Municipal Pahíño (Navia) ao Alerta Arenas en partido correspondente a semifinal da Copa Vigo. E a última cita da semana será o domingo, tamén no seu campo, ante o Victoria CF en encontro correspondente as semifinais da Copa de Segunda División Nacional de fútbol feminino.