Manel Fernández renova o apoio a Vide de Faro de Vigo

vide_faroO Presidente de VIDE e Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Manel Fernández, e o Xerente do Diario Faro de Vigo, Jaime Abella, asinaron hoxe na sede da Fundación o convenio de colaboración anual polo que, o decano da prensa nacional, continua co seu apoio a VIDE a través do programa Siareiros.

O diario patrocina a VIDE coa cesión dunha páxina semanal na sección de Deportes para anunciar eventos e actividades relacionadas coa Fundación, dende este mes ata maio de 2014, sendo unha delas o mes en cor.

Ademais das páxinas tamén inclúe un link coa páxina da Fundación VIDE en www.farodevigo.es e colabora na doazón de trofeos no Torneo Internacional de Fútbol Base Vigo Cup que no 2014 celebrará a súa décimo cuarta edición.

Fotógrafo: Jesús de Arcos