Participación do Patín Vagalume no IV Torneo de Covelo

patin_vagalume_covelo_2013O pasado día 5 de outubro celebrouse en Covelo a IV edición do Trofeo Cruceiro de covelo, organizado polo club local. Contou coa participación de patinadores chegados de distintos puntos da xeografía española e galega. Así houbo participantes procedentes de Santander (Clubs Astillero e Bezana), Asturias (Club Langreo), Burgos (Club Mateo Escagedo), e Tenerife (Club Fayna). En canto aos clubs galegos, participaron ademais do organizador Club Covelo, o  Patín Vagalume, os clubs Febello, Compostela e Porriño.

Foi unha xornada festiva na que os patinadores participantes puideron gozar do seu deporte competindo, pero tamén confraternizando cos patinadores do resto dos clubs. Para o Patín Vagalume, ademais foi un éxito deportivo posto que os patinadores vigueses alcanzaron numerosos podios. Así, no Nivel I a gañadora foi Noa Freitas, con Andrea Nuñez en terceira posición. En Nivel II, foi Marta Trota a que se alzou co triunfo, e María Sendra quedou segunda clasificada. En Nivel III, Lucía Merayo fíxose coa terceira praza. E para rematar en categoría Absoluta, o triunfo foi para Javier Martínez García-Picher, en dura competencia con Nadia Iglesias do Club Compostela.

Ao rematar a competición, celebrouse un concurso de saltos e piruetas. En saltos foi de novo Javier Martínez o gañador, con 21 axel seguidos. En piruetas, o triunfo foi para Nadia Iglesias cunha pirueta de talón de 14 voltas.

O Trofeo pechouse cunha sesión de baile amenizada por un disc jockey. Unha xornada de festa da que puideron gozar todos os asistentes, grazas á magnífica organización por parte do Club Covelo.