Tres vigueses no Campionato de España infantil de patinaxe

patinO venres 25 de Outubro, aproximadamente entre as 5 e as 7 da tarde, dispútase en Gandía o programa curto do LXVIII Campionato de España de patinaxe, na modalidade individual masculina. Alí estará o representante do Club Patín Vagalume, Javier Martínez García-Picher competindo cos mellores patinadores do país para facerse un oco o máis arriba posible no podio.

Recén saído dunha sobrecarga muscular que lle impediu estar na Copa de Europa, esperamos que atope o 100% para poder demostrar o seu talento. Xunto con Javi, o outro representante vigués na competición será Pablo Fernández Manzano, do Club CARPA. Os coruñeses Iago Méndez e Álvaro Suárez, do Club Maxia, completan a representación galega en categoría masculina. Na categoría feminina, Ana Arias, do Club Castrelos Patinaxe, será a única representante da nosa cidade. María Montes do Club Condado, María Costa do Compostela, e Valeria Mena do Maxia, forman o resto da delegación galega.

O sábado 26 entre as 3:30 e a 5 da tarde disputarase o programa longo en categoría masculina, así que en torno a esa hora estaremos moi pendentes das noticias que nos cheguen dende Gandía.

Javier viaxa o xoves 24 para chegar á proba de pista que se programou ese día ás 9:40 de la noite. Estará acompañado por Beatriz Fernández, adestradora do Vagalume. Esperamos que a recuperación fora completa e desexámoslle moita sorte, así como ao resto da delegación galega e en especial aos representantes vigueses.

Na foto de Jose Fernández, Javi Martínez durante a disputa do Campionato Galego deste ano.