O Emeve de Lugo levou os tres puntos

Derrota do Vigo Voleibol ante o Emeve de Lugo no pavillón de Coia. Os erros cometidos ao longo do partido foron os que deron os tres puntos en disputa ao conxunto visitante. Os falos nos momentos claves de cada set, sobre todo do segundo, fixeron que o conxunto vigués, cun cincuenta por cento de xuvenís, viñésense abaixo e cedesen no encontro de rivalidade rexional.

Despois do encontro de Copa Galicia todos esperaban que o rendemento dos vigueses fose similar ou algo mellor e non foi así xa que se entregaron dende o comezo do partido en man dos seus rivais que debemos dicir cometeron moitos menos erros que os locais e levaron merecidamente os tres puntos.

O comezo do primeiro set case significaba o quentamento dos xogadores vigueses xa que en ningún momento entraron no partido e dende o principio os erros se sucederon ata o punto de que os visitantes colocáronse cunha vantaxe moi cómoda que lles permitiu levar o set con moita relaxación. Cando os afeccionados esperaban que os locais reaccionasen non foi así e remataron entregándose cunha consecución de erros nada propios dun conxunto como o vigués.

O segundo set estivo cheo de emoción pola igualdade no marcador. Dende o principio os visitantes marcharon dous puntos no marcador e esa diferenza foi a tónica do set ata que os vigueses chegan a empatar a 23 puntos. Dende ese momento e ata o final a emoción presidiu o resultado e nunca o bo xogo local xa que a unha boa acción lle seguía un fallo infantil que entregaba a vantaxe aos visitantes. Con sucesivos empates e con balóns de set tanto para Lugo coma para Vigo este finaliza con dous erros cometidos polos xogadores locais que case entregaron o final deste set tan emocionante.

O terceiro set podería ser o da recuperación local. Comezaron con pequenas vantaxes locais o que presumía que poderían remontar a grande diferenza que establecía o marcador. Con menos fallos nos sets anteriores os locais foron capaces de que loitar para levarse o set e manter a emoción nas bancadas de Coia. Os visitantes achegáronse na finalización do set o que fixo perigar o resultado pero en dúas boas xogadas locais os vigueses remataron vencendo.

Os afeccionados esperaban que os seus xogadores puidesen darlle a volta ao resultado pero non foi así xa que dende o comezo se viu que os vigueses estaban entregados aos seus rivais. Novamente os fallos locais propiciaban que as diferenzas no marcador fosen en aumento o que permitiu que os lucenses disputasen o set cunha gran tranquilidade e fosen capaces de levalo.

A próxima semana desprázanse a Sevilla onde lles espera outro rival duro, pero o traballo e a mellora debe notarse en est tempo.

CLUB VIGO 1 EMEVE 3
Parciais: 18-25 (25m.) 34-36 (45m.) 25-23 (27m.) 17-25 (27m.)
VIGO: Sánchez; Parga; Rodríguez; Galego; Mateo e Ortega. Libre Penedo. Tamén xogaron: Oscar Sánchez e Pelaez.
EMEVE; Romeral; Zayas; Rodríguez; Macarro; Bouza e Mateo. Libre Castaño. Tamén xogaron: López e Rozas.
Árbitros. Folgar e Olea.
Pavillón de Coia 300 espectadores.