O intratable Fundosa Once mostra o seu poderío en Bouzas e sentenza ao Amfiv en dous cuartos brutais

amfiv-fundosa1O vixente campión de Liga e Copa do Rei e máximo candidato a repetir ambos os dous títulos sen excesiva oposición do resto de conxuntos da División de Honra, exhibiu este sábado en Bouzas os seus argumentos para marchar aínda invicto (52-92).  

O Fundosa Once, un equipo enchido de estrelas e co claro obxectivo xa dende hai varias tempadas de intentar gañar a Copa de Europa, impúxose de forma incontestable ao Amfiv, a pesar de que os vigueses lograron sobrepoñerse a un duro parcial no inicio do partido (10-27).

Durante o segundo e o terceiro período, o conxunto de César Iglesias plantaron cara a un equipo enchido de estrelas e cunha tremenda superioridade en centímetros pero no último período, con todo xa absolutamente resolto, o Fundosa non só non baixou nin un ápice a súa intensidade se non que pouco a pouco continuou incrementando a súa renda ata alcanzar o 52-92 final.

Xa dende o inicio quedou claro que ía haber pouco marxe a la sorpresa. Os madrileños saben que o Amfiv é sempre un rival complicado e, por iso, saíron moi enchufados para tratar de resolver o encontro pola vía rápida. A presión dos vigueses para tratar de contrarrestar a tremenda superioridade en altura do Fundosa tampouco deu os froitos esperados e, con Bywater e Latham como brazos executores, os dez primeiros minutos pecháronse cun duro correctivo para os locais (10-27).

A situación mellorou sensiblemente no segundo cuarto. A defensa formulada polo Amfiv corrixiu os seus erros e os madrileños xa non anotaban con tanta fluidez. De feito, o parcial do período reflectía un empate (14-14) pero o lastre do primeiro período era importante ao descanso (24-41).

A boa dinámica mostrada polo conxunto de César Iglesias prolongouse na reanudación. O partido era un intercambio de golpes no que a calidade e a altura dos xogadores do Fundosa marcaban a diferenza pero o Amfiv seguía competindo e conseguía pechar o cuarto cunha mínima derrota (17-22). O resultado acumulado, non obstante, era xa outra historia. O partido estaba xa absolutamente resolto (41-63) e o último período converteuse nun suplicio para os vigueses. Sobre todo porque os visitantes non se relaxaron e pecharon o choque como o iniciaran, cunha exhibición do seu poderío para quedar moi preto de chegar mesmo aos cen puntos (52-92).

AMFIV – FUNDOSA ONCE  52-92
AMFIV: Julio Vilas (2), Berni Costas (2), Filipe Carneiro (2), Lorenzo Envó (20), Txema Avendaño (16) –cinco inicial-, Agustín Alejos (8), Samuel Rodríguez (1), Alberto Abalde (1), Vicky Alonso (-), Santi Comesaña (-) e Nick Radovich (-).
FUNDOSA ONCE: Dani Rodríguez (6), Terry Bywater (17), Alejandro Zarzuela (8), Bill Latham (22), Rafa Muiño (5) –cinco inicial-, Petr Tucek (6), Pablo Zarzuela (18), Carlos Vera (10) e Pablo Cubo (-).