11 compoñentes do Club Flic Flac competirán esta fin de semana no MIAC

Por primeira vez, once dos ximnastas do club Flic Flac de Vigo, competirán no Maia International Acro Cup, unha das citas máis importantes de cada ano nesta disciplina, xa que se celebra conxuntamente cunha Copa do Mundo da FIG (Federación Internacional de Ximnasia). Un total de 17 países entre os que destacan EEUU, Bélxica e Inglaterra competirán esta fin de semana na cidade de Maia.

Xa antes, os ximnastas do Flic Flac competiran neste evento, pero nunca con tantos participantes ao que se suma un xuíz internacional, Gonzalo Ogando, exximnasta e coreógrafo do equipo.

Esta vez, o grupo adestrado por Jorge Méndez e Jael Vázquez, estará presente en catro categorías deste evento. María González, Olivia Bernardo, Alexandra González, Sandra Pintor e Andrea López representarán o club na categoría cadete, mentres que María Fernández, Desiree Vila, Candela Monterde, Paula Lago, Gemma Cabaleiro, Naiara Díaz, Iria Paz, Nerea Otero e Belén Gómez loitarán por pasar á final nas categorías Age Group 1 e 2. Estas últimas, xunto con Luiz Amaral e Andrea Verísimo, que non acudirán a esta cita por unha lesión, afrontan a tempada con vista ao mundial que se celebrará no mes de xullo en París (Francia).