O Blusens Universidade de Vigo vence a selección galega por 66 a 17

vigo_rugby_ferrolO Blusens Universidade de Vigo finalizou a súa breve concentración en Ferrol cun partido de preparación para os playoff pola permanencia en División de Honra cunha vitoria ante a selección de Galicia por 66 a 17. A selección de Galicia pola súa parte tamén comeza a súa preparación para a Histori Cup, que comezará o sábado 31 de maio cando se enfronte a Euskadi en Getxo, competición na que tamén compite Andorra.

A selección galega non poderá contar cos xogadores vigueses. A falta de dúas semanas para os partidos de ida e volta, o Blusens Universidade de Vigo xa sabe que terá que viaxar a Barcelona, ao xogar a final polo ascenso dous equipos da cidade, o FC Barcelona e o Rugby Sant Cugat, enfrontándose ao perdedor, xa que o gañador ascende directamente.

Durante o partido de hoxe, moi aberto ao ser de adestramento ensaiáronse juagadas e deron aminutos a todo o equipo do primeiro equipo sobre todo a aqueles que dispuxeron de menos aminutos ao longo da competición.