Cabecera Vide

Selmark e Celta-Bosco selan a súa unión por unha tempada máis

Tras a reunión mantida no día de onte cos responsables de Selmark, a sinatura viguesa e Celta Bosco continuarán ligados durante a tempada 2014/2015. A empresa viguesa, punteira no sector da lenzaría feminina, seguirá dando nome ao primeiro equipo da entidade céltico, consolidando deste modo unha vinculación que comezou en outubro de 2012. Este patrocinio reforza o proxecto deportivo da próxima tempada que en próximas datas comezará a construirse.

Dende o club vigués quérese transmitir un profundo agradecemento a Selmark ao apostar por este proxecto deportivo en momentos tan delicados, permitindo que o baloncesto feminino continúe crecendo na cidade e representando a Vigo no panorama nacional.