A Vigo Cup "tamén gaña" a Copa Vigo grazas a Marcos Alonso

marcosA poucas datas da disputa dunha nova edición da Vigo Cup, o torneo por excelencia de fútbol base, a organización recibiu unha magnífica nova. Marcos Alonso, coñecido futbolísticamente por Pilu, conquistou cos seus compañeiros do Alertanavia a Copa Vigo, o torneo de fútbol máis antigo de Galicia, xa que se iniciou en 1933.

Foi este sábado en Balaídos contra o San Esteban e nos penaltis. Pilu foi durante anos un dos voluntarios da Vigo Cup que se ocupaban da organización dos partidos en cada campo durante o evento de xeito impecable.

O sábado, o central saíu na segunda parte e, na quenda de penaltis, marcou o quinto e decisivo lanzamento que puxo o inalcanzable 4-2 final. O mesmo encargaríase de recoller o trofeo, de mans do alcalde da cidade, Abel Caballero.