O infortunio cebouse co Victoria B sub 10 na xornada inaugural da Vigo Cup en Navia

vigo_cup_lesion_porteroComezou a décima edición da Vigo Cup con pleno de afección, emoción, gran deportividade, favoritos que cumpren os prognósticos e... lesionados. Con noventa e nove partidos en xogo dende as nove da mañá ás once da noite (un aprazouse), os mellores campos de fútbol da cidade ofreceron unha animación extraordinaria.

A mesma que se tornou en aplausos para despedir a Mateo Gardón, o porteiro do Victoria B sub 10 que a punto de concluír a primeira parte recibía un gol en contra (con bote traizoeiro no seu estirada) e lesionaba o brazo dereito, tendo que ser retirado. O público, que enchía o Pahíño, tributoulle unha cariñosa ovación.

Non sería o único xogador KO do equipo vigués, que tivo dúas baixas máis nun partido que empezou gañando 1-0 e que ao descanso xa cedía 1-2 para caer finalmente 1-6 ante o sempre poderoso Grupo Casa Paco 81 de Redondela. E ollo aos redondelanos, que repiten entre os favoritos desta categoría. E ollo a Eduardo González, un fino e veloz zurdo dos visitantes que desequilibrou o partido ante o B do Victoria.