Caballero subliña que a XXXVI Travesía a Nado El Corte Inglés converte a Vigo en "referente" da modalidade

1404993674travesiaO alcalde participou na presentación da proba, que terá lugar o 3 de agosto na praia do Vao, e salientou que Vigo forma parte da "elite" dos circuitos de travesía a nado de España grazas á XXXVI Travesía a Nado El Corte Inglés. O 31 de xullo péchase a inscripción tanto para a popular como para a proba de Augas Abertas.

A cita terá lugar na praia do Vao o 3 de agosto, ás 11 horas, con dúas probas diferenciadas: a travesía popular, de media milla náutica -926 metros-, e o Trofeo de Augas Abertas, de 2,5 quilómetros de lonxitude. A inscripción formalízase nas dependencias de El Corte Inglés na Gran Vía co 31 de xullo como data límite.

A proba de Augas Abertas repartirá trofeos e premios con distinta contía económica aos dez primeiros clasificados, en categorías masculina e feminina, mentres que os tres primeiros da travesía popular en cada categoría recibirán un trofeo. A organización tamén prevé recoñecer ao nadador e nadadora de maior idade e conceder un obsequio conmemorativo a todos os participantes.