Cabecera Vide

O Octavio presentou ao seu segundo fichaxe, Óscar Silva, en VIDE

Octavio_Oscar_Silva_14.07.14O Academia Octavio presentou onte, na sede da Fundación Vigo en Deporte, a súa nova incorporación para a próxima tempada. Trátase do vigués (1995) Óscar Silva, procedente do Solla&Cía Chapela onde marcou 81 tantos a tempada pasada. Cerillo, Javier Rodríguez e Jabato foron os encargados de facer a presentación da nova incorporación académica que apuntou "presentáronme un proxecto interesante, con xente da miña idade e pode ser unha gran tempada".

Por outra banda, o pivote do Octavio, Gonzalo Carró, anunciou onte que marchaba ao Teucro, club que agora adestra Quique Domínguez.