O Celta Baloncesto encaixa a súa quinta derrota consecutiva

Celta Baloncesto caeu derrotado fronte ao líder Al-Qázeres por 52-78. Ogoke, con 21 puntos, e Iria Varela, con 12, foron as máis destacadas no equipo vigués que lle plantou cara ao líder ata o final do terceiro cuarto, cando as extremeñas se foron no marcador. O rebote volveu ser un dos problemas das rapazas que dirixe Cristina Cantero. Esta fin de semana desprazaranse a terras asturianas para enfrontarse ao Universidad de Oviedo.