Travesas dálle sorte ao Academia Octavio

O conxunto académico suma a súa segunda vitoria tras gañar o sábado en Travesas ao Juanfersa Comunicalia por 22-17. Segunda vitoria consecutiva do Academia Octavio na casa tras o seu traslado ao pavillón de As travesas dende Navia. Partido pelexado ata o final con boa defensa dos de Jabato. Esta fin de semana os académicos viaxarán a terras catalás para enfrontarse ao Handbol Bordils.