Manel Fernández recibiu a varios clubs da cidade para tratar da tempada 2015/16

manel reunionsO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantivo onte mércores unha quenda de reunións con varias entidades deportivas da cidade para falar das súas necesidades cara a tempada actual 2015/2016.
Fernández recibiu a representantes da SCD Amistad (fútbol), do Flic Flac (ximnasia acrobática), Maniotas (rítmica), Carpa (patinaxe) e AVA (atletismo), tratando sobre diversos eventos que desexan organizar, outros aos que queren ir e sobre a actividade propia destos clubes.