Cabecera Vide

Intensa fin de semana de Manel Fernández, que asistiu á presentación do Celta Baloncesto e o UB Lavadores

lavadoresO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, apoiou o venres pola tarde ao Celta Baloncesto, no Pavillón de Navia, e o sábado por la tarde ao Unión Balonmán Lavadores, no Pavillón de Lavadores, na presentación de todos os seus equipos para a tempada 2015/16.

Un día despois, as celestes recibían ao Adba, caendo derrotadas (52-53) en partido de Liga Feminina 2. Un último minuto nefasto das viguesas fixo escapar a vitoria de Navia. Nas dúas próximas semanas, desprazaranse a Badajoz e Tenerife.

Pola súa banda, Las Cinco Jotas UB Lavadores enfrontábanse, tras o acto de presentación e da homenaxe que o Club lle fixo a Manuel Caride, propietario de Talleres Caride, comerciante da zona que leva máis de corenta anos colaborando con eles, ao BM. Saeplast Cañiza, nun partido moi igualado na primeira parte, durante a cal o equipo visitante sempre foi diante no marcador e grazas a unha boa defensa, se chegou a un empate ao descanso 12-12. Na reanudación, con mellor acerto no tiro, os de casa puxéronse por diante e cun Pavillón de Lavadores cheo e animando a tope, conseguiuse unha vitoria moi importante. A semana que vén, derbi en Coia contra o Magope Seis do Nadal.

celta