O Academia Octavio encaixou unha nova derrota

Os vigueses caeron derrotados o sábado ante o Handbol Bordils (29-24) nun partido no que os vigueses nunca tiveron opción. Os locais sempre foron por diante no marcador. Esta fin de semana o Academia Octavio volve ás Travesas onde se enfrontará a Bidasoa Irún na décima xornada da División Honra Prata. O encontro será o domingo 22, ás 12 h.