Cabecera Vide

Intensa fin de semana de apoio ao deporte de Manel Fernández

escleroseManel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, acudiu a varios partidos para animar aos equipos do programa Siareiros, pero tamén estivo na pista de atletismo de Balaídos o sábado ou na III Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple de onte domingo. Con principio e chegada na Alameda de Suárez Llanos, en Bouzas, a proba atlética solidaria disputouse con boa participación: 800 atletas. O edil estivo presente acompañando ao alcalde da cidade, Abel Caballero.