A Concellería de Deportes cede a Etea para as xornadas de tecnificación do Flic Flac esta fin de semana

flic flacO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, firmou onte un convenio para que o Club Flic Flac, de ximnasia acrobática, poida facer unhas xornadas técnicas esta fin de semana no pavillón da ETEA.

Fernández aprobou o custe cero da instalación mediante o programa Educa e Jorge Méndez, presidente da entidade deportiva viguesa, invitou aos clubs Andraga (Madrid), Treboada (Pontevedra) e Acro Clube de Maia (Portugal) ás dúas xornadas técnicas do británico Neil Griffiths, considerado un dos mellores adestradores do mundo.