V Carreira Nocturna de Bembrive - III Memorial Manuel Dalmeida

A proba atlética sairá mañá dende a Praza do Mosteiro, en Bembrive, ás 20 h. percorrendo a rúa Igrexa, Subida Monte Calvario, rúa Mandín, camiño dos Novelos, camiño de Espedrás e Estrada de Bembrive. Serán tres voltas ao circuíto para correr uns 7 quilómetros. A inscrición, limitada a 300 participantes, é de balde, facendo entrega de alimentos non perecedoiros. O Concello de Vigo apoia o evento.