Prata para o vigués Óscar Piñeiro no Campionato de España de mushing canicross

oscar canicrossO vigués Óscar Piñeiro, do Club Kennel Dean de Catoira, obtivo a medalla de prata, na modalidade de canicross, no Campionato de España de mushing sprint en terra, celebrado en Covarrubias, Burgos, a pasada fin de semana. Piñeiro, foi elixido como mellor deportista do ano 2014, pola Federación Galega de Deportes de Inverno, na XVI Edición da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca deste ano. Manel Fernández, como máximo responsable do Deporte vigués, mostrouse satisfeito con este novo triunfo do deportista.