Concello e Club Natación Vigo Rías Baixas porán en marcha en xaneiro a Liga Escolar

xliga natacionPor terceiro ano consecutivo o Concello de Vigo, por medio da Concellería de Deportes, e o Club Natación Vigo Rías Baixas organizarán a Liga Concello de Vigo de natación escolar. 

Tralo éxito da Liga 2015, con máis de 400 participantes, nesta terceira edición amplíanse a catro as xornadas de competición na piscina do Carme, no complexo das Travesas.

A organización sinalou as seguintes datas para rapaces e rapazas. Serán os días 17 de xaneiro, 28 de febreiro, 24 de abril e 12 de xuño.