Cabecera Vide

As artes marciais protagonizarán a vindeira fin de semana nas Travesas e Teis

pub 563 mAs artes marciais terán destacado protagonismo esta fin de semana do 12 e 13 de decembro co patrocinio do Concello de Vigo. O sábado 12, o pavillón de Teis recibirá o XVII Cidade de Vigo de kárate (16:00 horas), baixo a organización da Agrupación Deportiva Zanshin.

O domingo 13, a XXIII Festa do Judo Infantil, Trofeo Mestre de Frutos. Nesta oportunidade terá lugar no pavillón central das Travesas, ao que regresa despois de que no 2010 mudara ao Instituto Ferial de Vigo (Ifevi).

Manel Fernández, concelleiro de Deportes, firmou o convenio de uso gratuíto das dúas instalacións co presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e co presidente do Zanshin, Fernando Álvarez.