Cabecera Vide

Os clubs, envorcados co sorteo dunha viaxe ao Caribe impulsado por VIDE e Viaxes Zonda

zondaO éxito da iniciativa da Fundación VIDE e de Viaxes Zonda (sorteo dunha viaxe para dúas persoas á República Dominicana) está asegurado. Trinta e catro entidades deportivas do programa Siareiros solicitaron boletos para pór á venda (donativo, 1 euro).

Esta acción era de 30.000 participacións e todas elas están nas mans das entidades. O euro de doazón por billete é íntegro para o club vendedor, polo que o 2015 rematará con 30.000 euros máis para os clubs.

Entidades de fútbol, fútbol sala, balonmán, baloncesto, hóckey, patinaxe, squash, natación, ciclismo, sincronizada, loita, ximnasia, béisbol ou voleibol solicitaron participacións e beneficiaranse da iniciativa.

Base sorteo