Manel Fernández apoia o Memorial Abanqueiro de atletismo

abanqueiroManel Férnandez, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, presentou onte a Décimo quinta edición do Memorial Andrés Abanqueiro Bocatería Papo's Deportes Athletic's de atletismo, evento que reunirá a seiscentos atletas, de pitufos a cadetes, este domingo en Castrelos.

As probas están destinadas ás categorías de pitufos, prebenxamins, benxamins, alevín, infantís e cadetes. As distancias a percorrer oscilan entre os 150 metros, dos máis cativos, ata os 3.555 metros dos cadetes masculinos. A Agrupación Viguesa de Atletismo é a organizadora do evento que conta co patrocinio do Concello de Vigo.