Cabecera Vide

Catro medallas para o Yidam Ceip Balaídos no Nacional de taekwondo

yidamO Club Yidam Ceip Balaídos, capitaneado por José Cid Sueiro, conseguiu catro medallas, tres de prata e unha de bronce, no Campionato de España por clubs disputado en Alicante entre os pasados días 5 e 8 deste mes.

A parella formada por Sandra Gardini e Adrián Alonso, obtivo a medalla de prata na proba de Freestyle. O equipo infantil formado por, Iria Pena, Roi Cortón, Lucía Estévez, Noa Chan, Miguel Barreiro, Martín Fernández, Iago Ferrán, Silvia Fernández e Axel Valladares, tamén se alzou coa prata na modalidade de exhibición. Outra prata gañaron en técnica, o trío formado por Eirim Vaamonde, Iria Pena e Silvia Fernández. E na categoría absoluta, o equipo integrado por Eirim Vaamonde, Pablo Gil, Santiago Campelo, abraham Leston, Sophie Drescher, Sandra Gardini, Adrián Alonso e Alejandro Costas, conseguiron un meritorio bronce.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, mostrouse satisfeito co Club, que confirma ou bo traballo que ven realizando a prol do deporte vigués.