Cabecera Vide

Manel Fernández asina os convenios cos clubs do programa municipal das Escolas Deportivas

Manel TravesasO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantivo onte unha xuntanza no pavillón central das Travesas cos clubs do programa municipal de escolas deportivas para entregarlles os convenios da tempada 2015/2016.

O edil aproveitou o encontro para lembrar ás entidades deportivas que os orzamentos municipais de 2016 aprobáronse de xeito definitivo a semana pasada e que o seu departamento terá preto dun 13% máis de cartos. Haberá máis investimento para deporte de formación.