Cabecera Vide

Manel Fernández asina un convenio co Coruxo para patrocinar o festival de Nadal de patinaje

CoruxoO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asinou onte o convenio de colaboración co Coruxo FC para que a súa sección de patinaxe artística poida utilizar o pavillón de Roteas, en Coruxo, este venres 18. O club organiza un festival de nadal de patinaxe e o Concello colabora coa cesión da instalación de forma gratuíta a través do programa "Gañamos todos".

O edil estivo reunido co presidente do Coruxo, Gustavo Falque, asinando o convenio durante a reunión na Concellería de Deportes.