III Edición do Torneo interno de loita

loita dec 2015O sábado 19 de decembro, de 10.30 h a 13.30 h, o Club San Ignacio realizará o 3º Torneo de Nadal Interno San Ignacio de loita, no pavillón de Teis. O programa consistirá nun quentamento xeral por categorías de pequenos, medianos e grandes, a continuación técnicas de loita coas súas puntuacións e para rematar un campionato interno do club cunha duración de dúas horas.

O obxectivo de dito evento será facer promoción en Vigo da loita olímpica e, en concreto, nos barrios próximos ao pavillón de teis. O club atópase en fase de renovación xeracional, rematando o ciclo das campioas de España feminino e buscando novos valores entre os máis novos. Hai que animar aos que empezan, e como mellor xeito este trofeo exhibición preparado con cariño.

Este ano, Eladio Bello cumpre 20 anos realizando trofeos, sendo responsable -organizador que empezou no ano 1995 a realizar trofeos no pavillón de teis. Actualmente adestrador e presidente, e colabora coa selección galega feminina de loita.

Colaboran no desenvolvemento do evento, Ángeles, Carlos, Marcos e Nerea.