Manel Fernández visitou o programa municipal de actividade física para maiores en Travesas

manel travesasO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, visitou onte a un dos grupos de actividade física para maiores que se adestra no ximnasio das Travesas.
O programa municipal para maiores, dependente da Concellería de Deportes, move este ano máis de 200 persoas entre os grupos das Travesas, do pavillón de Teis e o de Lavadores, e o concelleiro asegurou que terá continuidade no 2016.

O edil socialista desexou ao grupo co que pasou preto dunha hora un bo Nadal e que continúen facendo vida saudable.