Cabecera Vide

Seis medallas para o CB Rachaplumas no circuíto galego

O pasado sábado, o CB Rachaplumas tomou parte no Circuíto Galego sub-15 e sub-19 de bádminton, celebrado na localidade coruñesa de Cedeira, cun total de 8 deportistas.

Os xogadores desprazados a Cedeira foron na categoría sub-15: Uxía Fernández, Antia Fernández, Almudena Vidal, Ana Salgueiro, Hugo Domínguez e Javier Alava e na categoría sub-19, Alberto Méndez e Pedro Castelao.

Bo balance para os xogadores vigueses que lograron un total de 6 medallas, 1 ouro, 3 pratas e 2 bronces, subindo todos ao podio.

O ouro foi para o dobres mixtos sub-15 formado por Almudena Vidal e Javier Alava. As pratas foron para Ana Belén Salgueiro, en individual feminino sub-15, tamén Ana, xunto a Antía Fernández, en dobres feminino sub-15, e Uxía Fernández, xunto a Hugo Domínguez, en dobres mixtos sub-15. E por último, o bronce conseguírono, Antía Fernández en individual feminino sub-15, e Alberto Méndez, xunto a Pedro Castelao, en dobres masculino sub-19.