O Concello arranxa a zona de lanzamentos das pistas de atletismo

pistaO estadio atlético de Balaídos estreou onte, na primeira edición do novo Circuíto Concello de Vigo de pista, a reformada zona de lanzamentos. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asistiu ao primeiro dos sete eventos que forman estas series municipais de atletismo.

A Concellería de Deportes tiña lista a zona de lanzamento de martillo. A súa reparación acometeuse ante a solicitude do adestrador José Manuel Hermida.

O edil de Deportes, que mantén reunións periódicas coa comisión de clubs usuarios das pistas de atletismo de Balaídos para tratar sobre as necesidades máis perentorias, entendeu a urxencia da proposta e as obras, tanto na gaiola como no círculo, acometéronse e executaron con cargo aos orzamentos de 2015.