Cabecera Vide

O III Torneo de Nadal Concello de Vigo entra na fase polo título con tres clubs en todas as categorías

tnadal2015 30Hoxe comeza a fase decisiva no III Torneo de Nadal de fútbol base patrocinado polo Concello de Vigo. Xa non hai opción a rectificación e todo erro se pagará nunha xornada vespertina maratoniana que comezará ás 16:00 horas e que levará aos aspirantes ao título a xogar tres partidos para meterse nas finais deste martes.


Cinco campos vivirán un moi chuvioso día de fútbol épico no que ademais destaca que Alertanavia, Sárdoma e Victoria son os únicos clubs que entran na penúltima data batallando nas catro divisións. O José Costas de Candeán recibe os cruzamentos de categoría prebenxamín, A Pirucha (San Miguel de Oia) jaleará aos contendentes do torneo benxamín, Cotogrande aos alevín e os infantís dividiranse entre o Armando Cajaraville (Samil) e o Municipal Pahíño (Navia).

En prebenxamins, os semifinalistas de 2014 (Sárdoma, Rápido de Bouzas, Alertanavia e Victoria) meteron a cabeza na fase final e, polo menos por emparellamentos, podería repetirse a final da edición anterior.

Os benxamins, pola contra, apenas manteñen para oitavos ao vixente campión, Victoria. O Coruxo quedou fóra (e iso que inscribira dúas escuadras) ao igual que o Rápido de Bouzas. Haberá, como pouco, final inédita.

A categoría alevín aposta por la tradición. Os semifinalistas dun ano atrás chaman á porta dos oitavos (Coruxo, defensor do título, Celta, Alertanavia e Victoria) e mesmo podería calcarse a final entre os de O Vao e os de Balaídos se os seus adversarios non o impiden.

Deixando de lado o fútbol 8, en fútbol haberá final distinta á de 2014 (Coruxo-Celta) porque os celestes non están. O Coruxo é favorito e tamén colou o equipo B invicto, pola mesma parte do cadro, pero ollo a Areosa (máximo realizador da liguilla con 16 tantos), Gondomar, Alertanavia e Teis, que tamén chegan sen perder.

Galería fotográfica