Cabecera Vide

O Club Baloncesto Seis do Nadal visita o CEIP Alfonso Rodríguez Castelao en Navia

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitou o pasado mércores día 30 de setembro o CEIP Alfonso Rodríguez Castelao en Navia neste novo curso escolar 2009/2010.

O motivo da visita foi presentar a tódolos alumnos e alumnas da escola de Navia a Escola Deportiva de baloncesto que se desenvolverá nas instalacións do centro tódolos mércores de 16:00 a 17:30 horas.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, representado nesta visita por Sergio González, Director Deportivo e adestrador da entidade, e unha represetanción de xogadores do conxunto Sénior Masculino Autonómico, acompañaron aos alumnos e alumnas do centro educativo presentando a escola deportiva e facendo unha breve exhibición da modalidade deportiva.

A nosa entidade aproveitou a ocasión para convidar a tódolos alumnos e alumnas a participar na xornada de Promoción do Baloncesto no barrio de Navia "Baloncesto na Rúa" que se celebrará o próximo sábado día 3 de outubro do 2009 na Praza situada detra´s do Papo´s na Rúa As Teixugueiras.