torneo nadal 4.1.16O Coruxo revalidou o seu título de 2014 na final da categoría infantil disputada no Municipal Pahíño de Navia esta mañá. Nun partido moi disputado fronte ao Areosa, un rival que tamén chegaba sen coñecer a derrota, o Coruxo sacou rédito na última xogada a balón parado a pouco máis dun minuto para o final do encontro.

 

tnadal2015 43Dende as 10 horas de hoxe estanse a xogar tanto as finais de consolación como as finais polo título das catro categorías que compoñen o Torneo de Nadal Concello de Vigo. Ao igual que onte, o fútbol de base ten que loitar contra as condicións meteorolóxicas, o que lle dá un plus de emoción.

 

10157292 942168139198124 2283634723211075209 nNunha xornada maratoniana, na que aspirantes e defensores do título tiveron que disputar tres eliminatorias (oitavos, cuartos e semifinais), o Coruxo demostrou que o Torneo de Nadal de fútbol base é cousa súa. E que é un trofeo aberto: sete clubs estarán representados nas finais, dos que catro (Areosa, Val Miñor, Colegio Hogar e Matamá) non inscribiron o seu nome aínda no palmarés.

 

Disputada a cuarta xornada do Torneo de Nadal Concello de Vigo de fútbol base, estes son os resultados e os horarios da xornada de mañá martes, último día de competición:

 

tnadal2015 30Hoxe comeza a fase decisiva no III Torneo de Nadal de fútbol base patrocinado polo Concello de Vigo. Xa non hai opción a rectificación e todo erro se pagará nunha xornada vespertina maratoniana que comezará ás 16:00 horas e que levará aos aspirantes ao título a xogar tres partidos para meterse nas finais deste martes.