Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
  • 1
  • 2

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023

Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.

Ler máis...

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022

A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.

Ler máis...

IMG 20Vigo en Deporte executará na tempada 2021/22 ata catorce programas para clubs, deportistas e competicións, anunciou o edil de Deportes e vicepresidente da fundación, Manel Fernández na presentación das actividades.

 

Bolsas2021A Fundación Vigo en Deporte abriu hoxe venres a convocatoria de axudas para deportistas individuais sub-23 pola tempada deportiva 2020/21. É o oitavo ano consecutivo que VIDE, co pulo do Concello e do tecido empresarial vigués, adica 20.000 euros para o deporte formativo en modalidade individual, de parellas ou tríos.

 

partido Bembrive Rodiles 5O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou en rolda de prensa a edición 2021 da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol sala, fútbol 7 e fútbol 11 que este ano se vai disputar do 28 de xuño ao 11 de xullo, coa primeira semana para o fútbol sala (28 de xuño ao 4 de xullo) e a segunda para o fútbol 7 e fútbol 11 (5 ao 11 de xullo).

 

Campus 1Volven os campus. Tres, como no 2019 (dous no 2020). O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, vicepresidente de VIDE, estivo a deseñar un ano máis esta acción para os nenos e nenas de Vigo e o alcalde, Abel Caballero, deu o visto bo e anunciou as 300 prazas para este ano.

 

Acto 1AA Fundación VIDE, que depende do Concello por medio da Concellería de Deportes, lanzou hoxe nas redes sociais o vídeo promocional dos programas que está a deseñar este ano, de xeito fundamental para o deporte de formación.