Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
  • 1
  • 2

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023

Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.

Ler máis...

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022

A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.

Ler máis...

Paula Viti y Clau con alcalde y ManelVíctor Vázquez, "Viti" (Vigo, 1987), Paula González (Vigo, 2004) e Claudia Martínez, "Clau" (Aldán, 1994) foron elixidos Premios VIDE 2021 en fútbol os dous primeiros nomes e en fútbol sala a morracense. Os tres, polo seu rol destacado na tempada 2019/20, na que se amosaron decisivos para os seus equipos. Relevan aos vigueses Antón de Vicente (Coruxo FC), Lara Martínez (Interrías FF) e Antía Pérez (Poio Pescamar FS).

 

En ETEAO complexo deportivo municipal da ETEA, formado por dous polideportivos e un campo de fútbol mellora as súas instalacións. O Concello mercou e instalou un practicable de ximnasia acrobática cun importe de 51.425 euros.

 

ManelO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá que o Concello distribuirá case dous millóns de euros entre o tecido deportivo da cidade. Logo de reformular as bases de concorrencia para que a falta de actividade imposta pola crise sanitaria non supuxera un obstáculo legal, o goberno local poderá manter os seus compromisos co deporte vigués.

 

Fotosizer 1As bolsas VIDE 2020 pola tempada 2019/20 alcanzaron nesta sétima edición a vinte deportistas sub-23 de once disciplinas. Atletismo, bádminton, esgrima, gimnasia, halterofilia, kickboxing, natación artística, remo, squash, taekwondo e vela tiveron como mínimo un representante, que no caso da vela elevouse a catro ata completar os 20.000 euros con que a Fundación Vigo en Deporte dota este programa.

 

Becas rebajadoA Fundación Vigo en Deporte abriu hoxe a súa sétima convocatoria consecutiva para deportistas individuais, parellas, tríos e cuartetos en idade sub-23 polos seus resultados da tempada anterior. O vicepresidente de VIDE, o concelleiro de Deportes Manel Fernández, anunciou o inicio da recepción de solicitudes para estas bolsas anuais, cuxo prazo remata o vindeiro xoves 3 de decembro.