• 1
  • 2

VIDE achega 20.000 euros a trinta e un clubs grazas ao programa Siareiros e suma xa 183.000 € con esta liña de axudas dende 2011

VIDE achega 20.000 euros a trinta e un clubs grazas ao programa Siareiros e suma xa 183.000 € con esta liña de axudas dende 2011

29 Xuño 2020

A Fundación Vigo en Deporte, dedicada á promoción do deporte de base e que impulsa o Concello de Vigo, abonou estes días un total de 20.000 euros aos clubs do seu programa Siareiros pola tempada 19/20 e xa acumula unha achega de 183.000 euros por este concepto dende que Manel Fernández, edil de Deportes, asumiu a Vicepresidencia de VIDE no 2011.

Ler máis...

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

30 Outubro 2019

En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.

Ler máis...

Durante catro días e como en anos anteriores, varios pavillóns municipais recibirán este Nadal o Torneo Solidario Multideportivo Nadal en Vigo, que conta co patrocinio da Concellería de Deportes e de Caixanova e a organización do Coruxo F.C., a Federacón Galega de Fútbol Sala e a empresa Tiempo Muerto. O torneo será para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que xogarán ao baloncesto, balonmán ou fútbol sala.

 

125x92voviA Fundación Vigo en Deporte solicita aos VOVIS que o desexen a súa colaboración para acudir como voluntarios ao Gran Premio Pedestre de Nadal, a coñecida como Carreira do Pavo (Trofeo El Corte Inglés), que se disputará este domingo día 20 na Praza de Compostela a partir das 10:30 horas.

 

374pavoA carreira do século espera. O Gran Premio Pedestre de Nadal, a coñecida como Carreira do Pavo, disputarase este domingo dende as 10:30 horas na Praza de Compostela. O tradicional evento, iniciado en 1943 para categoría senior masculina e no ano 1964 para as mulleres, non só pon punto final ao ano atlético vigués, senón que esgrime unha dotación económica espectacular: hai 2.280 euros en premios en metálico para as categorías promesa-senior masculina e feminina da proba… e 3.600 euros en xogo para as seis categorías en disputa do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares (promesa-senior masculina e feminina, F-35, M-40, M-50 e M-60), no que está incluída a proba da Alameda, que pon o colofón ao evento. É dicir, hai en xogo ao redor dun millón das desaparecidas pesetas nas competicións que se vivirán no empedrado da praza.

 

50x70pavoDiante dalgunhas dúbidas xurdidas sobre o tipo de inscrición para a última proba do circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo, a Concellería de Deportes, a delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo e a Fundación VIDE informan que para puntuar nas clasificacións das categorías do circuíto pedestre (promesa senior masculina ou feminina, F-35, M-40, M-50 e M-60) e para optar aos premios en metálico establecidos nesta primeira edición do circuíto de cinco carreiras, os atletas e as atletas deben inscribirse nas categorías correspondentes ao seu grupo de idade.

 

crossbaionaA Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, Agrupación deportiva do Val Miñor e a Secretaría Xeral para ou deporte, como entidades encargadas da organización do XI Edición do Cross Escolar do Val Miñor,  mostran a súa grande satisfacción polos resultados obtidos en liñas xerais polo desenvolvemento e organización do pasado XI Cross Escolar do Val Miñor, que a realizo o pasado Domingo día 13 de Decembro no antigo campo de fútbol de Santa Marta, en Sabaris.