Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
  • 1
  • 2

A ACB volve ao Central das Travesas este sábado co Obradoiro-Valencia, un partido entre dous equipos de competicións europeas

A ACB volve ao Central das Travesas este sábado co Obradoiro-Valencia, un partido entre dous equipos de competicións europeas

07 Setembro 2023

Volve o Cidade de Vigo de baloncesto masculino. Será este sábado, co patrocinio do Concello de Vigo e a organización da Fundación Obradoiro, no Pavillón Central das Travesas, ás 20:00 horas. Obradoiro e Valencia Basket son os equipos elixidos despois de que nos últimos anos tivéramos no Central o Memorial Quino Salvo.

Ler máis...

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022

A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.

Ler máis...

IMG 8039A Liga Concello de Vigo de natación escolar, organizada polo Club Natación Vigo Rías Baixas co patrocinio da Concellería de Deportes, regresa este domingo (9:00 horas) á piscina do Carme, no complexo das Travesas.

A segunda das tres xornadas desta sexta edición reunirá aos centros de ensino de Vigo en disputa de dúas categorías, Promesas (nadadores nacidos en 2011, 2012 e 2013) e Benjamines (nacidos en 2007, 2008, 2009 e 2010).

 

SorteoO sorteo dunha viaxe de dous días para dúas persoas aos pobos da comarca da Maragatería e León ("Ruta dos maragatos", a gozar a fin de semana do 6 e 7 de abril), celebrado este sábado no descanso do partido Amfiv-Bilbao, foi gañado polo posuidor do boleto 16.673, vendido polo Balaídos CF, e supuxo para uns corenta clubs do programa Siareiros un ingreso de 48.000 euros.

 

Rifa Vide 2018 okA Fundación Vigo en Deporte ven de anular un total de 650 papeletas (números de matriz do 41.751 ao 42.400) do sorteo dunha viaxe de fin de semana para recadar fondos para os clubs do programa Siareiros, co patrocinio de Viaxes Zonda. Entregados á A.D. Carballal (balonmán), a entidade deportiva avisou a VIDE da subtracción dos boletos da súa sede social.

 

IMG 4192A xornada con máis partidos na historia dos torneos de Nadal do fútbol base vigués (144 encontros, case seis horas de competición) saldouse na categoría infantil (fútbol 11) co pase aos cruces do cadro de honra de dous equipos do Coruxo, outros dous do Victoria e dous tamén do Santa Mariña, e coa clasificación do San Miguel e do Casablanca, por esta orde, empatados a todo. E co Areosa, defensor do título, e o Santa Mariña, como privilexiados primeiros: a cuartos directos do VI Torneo Concello de Vigo de Nadal.

 

IMG 3987AAO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou o carácter internacional, por segundo ano consecutivo, do Torneo Concello de Vigo de Nadal, que do 26 ao 29 deste mes pechará o 2018 a nivel futbolístico.

O rexedor, acompañado por un nutrido grupo de representantes de varios clubs da cidade, de Juan Andonegui (Frutas Nieves), Daniel Costas, presidente de Afavi e coordinador do evento, e do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou un torneo que contará con 123 equipos de trinta e un clubs e que está programado para catro categorías: tres de fútbol 8 (prebenxamín, benxamín e alevín) e unha de fútbol 11 (infantil).