Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
  • 1
  • 2

A ACB volve ao Central das Travesas este sábado co Obradoiro-Valencia, un partido entre dous equipos de competicións europeas

A ACB volve ao Central das Travesas este sábado co Obradoiro-Valencia, un partido entre dous equipos de competicións europeas

07 Setembro 2023

Volve o Cidade de Vigo de baloncesto masculino. Será este sábado, co patrocinio do Concello de Vigo e a organización da Fundación Obradoiro, no Pavillón Central das Travesas, ás 20:00 horas. Obradoiro e Valencia Basket son os equipos elixidos despois de que nos últimos anos tivéramos no Central o Memorial Quino Salvo.

Ler máis...

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022

A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.

Ler máis...

IMG 3390O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe o Trofeo Cidade de Vigo de kárate, que se celebra este sábado (17:00 horas, Pavillón Pablo Beiro de Bouzas) que un ano máis patrocina o Concello e organiza a Asociación Deportiva Zanshin.

 

1523538262ClubsDeportivosO Concello de Vigo abriu o prazo para que as entidades organizadoras de eventos poidan solicitar datas do primeiro semestre do 2019 para as súas competicións.

 

IMG 3031aO alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha representación dos clubs que participarán na Liga Concello de Vigo 18/19 de fútbol 8, prevista os sábados dende o vindeiro 10 de novembro ata o 1 de xuño no complexo deportivo municipal de Samil.

 

Becas Concello webEn marcha o procedemento para a solicitude de axudas para deportistas individuais, parellas, tríos ou cuartetos do deporte vigués Sub-23. A convocatoria ábrese mañá martes ata o martes 13 de novembro.

 

IMG 2359As escalinatas do Museo Marco e a propia rúa do Príncipe serviron de escenario onte polo serán para a presentación da nova tempada do programa Siareir@s, a campaña 2018/19, ao que están adscritos máis de corenta clubs da cidade.