Colaboradores
- 1
- 2
A ACB volve ao Central das Travesas este sábado co Obradoiro-Valencia, un partido entre dous equipos de competicións europeas

07 Setembro 2023
Volve o Cidade de Vigo de baloncesto masculino. Será este sábado, co patrocinio do Concello de Vigo e a organización da Fundación Obradoiro, no Pavillón Central das Travesas, ás 20:00 horas. Obradoiro e Valencia Basket son os equipos elixidos despois de que nos últimos anos tivéramos no Central o Memorial Quino Salvo.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
O Club Natación Vigo Rías Baixas presentouse este sábado na piscina municipal de Teis nun acto multitudinario ao que acudiu o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández (presidente de VIDE), e o deputado provincial e edil Ángel Rivas. O club tamén contou co apoio de Chano Rodríguez, nadador paralímpico.
A entidade que preside Antonio Vázquez estrea categoría este exercicio, ao acadar o ascenso a Primeira División a pasada primavera. En dous anos, o Vigo Rías Baixas saltou de Terceira á Primeira na competición galega por clubs en piscina. Agora "a permanencia é a meta", sostén o directivo.
- Detalles
Caballero inaugurou a mostra fotográfica sobre a historia do baloncesto vigués fronte ao Museo Marco
- Detalles
- Detalles

- Detalles
Futebol Clube do Porto e Morabanc Andorra, equipos da Liga Placard lusa e da Liga ACB, respectivamente, xogarán o sábado 15 de setembro (20:00 horas) a terceira edición do Memorial Quino Salvo no Central das Travesas.