|
17/01/2012 |
 Novos acordos acadados pola Fundación VIDE. Siareiros e siareiras poderán mercar con descontos en tres casas comerciais adicadas ao deporte.
A Fundación Vigo en Deporte alcanzou diversos acordos con varias firmas comerciais para beneficiar ao abonado ao carné Siareiro presentándolle propostas que dan aínda máis valor ao do xa de seu deste carné solidario único en España. Así, tres tendas de deportes ofrecen descontos substanciais nas súas compras para quen acredite ser socio do programa máis solidario dos que traballa VIDE.
|
|
Ler máis...
|
|
17/01/2012 |
 O circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo, que na súa cuarta edición celebrarase neste 2012, está a piques de coñecerse. E como cada ano, a proba da Universidade de Vigo será a primeira dun programa que rematará coa tradicional carreira do Pavo, en decembro na Alameda.
|
|
Ler máis...
|
|
12/01/2012 |
 O boom das carreiras populares continuará en marzo, cando a tempada de ruta comece xa con forza en Vigo.
A delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo comunicou xa varias probas populares que estarán baixo a súa supervisión en 2012.
|
|
Ler máis...
|
|
12/01/2012 |
|
Vitoria de prestixio para a selección galega absoluta de balonmán, que con varios xogadores do Academia Octavio vigués derrotou a Arxentina por 30-28 en Tui. Cerillo e Rafa Dasilva, con 5 tantos cada un, máximos goleadores.
|
|
Ler máis...
|
|
10/01/2012 |
 A selección galega segue viva. Galicia xoga mañá mércores en Tui, ano e medio despois da súa última aparición internacional. E o Academia Octavio vigués terá de novo un importante protagonismo con catro xogadores (Cerillo, Víctor Frade, Dani Cerqueira e Rafa Dasilva).
Mañá mércores (20:30 horas, entrada gratuíta) xogará Galicia contra Arxentina no novo pavillón municipal de Tui e tentará seguir coa súa boa racha de resultados.
O combinado dirixido polo vigués Fran Teixeira está formado por xogadores pertencentes a clubs galegos (Octavio, Novás, Lalín, Frigoríficos do Morrazo, Teucro e BM Chapela) e ten importantes baixas con respecto á última convocatoria internacional (maio de 2010), coma a de Iván Infestas (retirado) ou de xogadores de clubs de Asobal. Ademais tampouco estarán os tres galegos subcampións do mundo xuvenís (Pablo Cacheda, David Chapela e Tomás Moreira), xa que se atopan concentrados en Tui coa selección española xúnior preparando o Torneo IV Nacións.
Haberá tamén outra ausencia non menos importante. Alejandro López, falecido en novembro de 2010, foi o seleccionador galego xunto a Teixeira nos choques daquel ano, e será lembraso polos seus ascensos á Asobal.
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|