Cabecera Vide

Máis de 1.000 volumes, na biblioteca VIDE

A Biblioteca Deportiva da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) iniciou a súa actividade o 9 de maio de 2003 e pon a disposición do usuario ou usuaria máis de mil volumes de todo tipo en galego, castelán, portugués, italiano e inglés, pois VIDE adquiriu publicacións do Reino Unido, Italia e Portugal.biblio

A biblioteca, que posúe historias de clubs e/ou deportes, documentación técnica de diversas modalidades, enciclopedias de deportes ou dicionarios, é a máis importante que existe en Vigo e adoita ser visitada fundamentalmente por técnicos, aínda que o seu acceso é libre e gratuíto nos horarios da Fundación.

Os libros poden consultarse na propia sede de VIDE (rúa Cesáreo González, s/n; IMD das Travesas). VIDE admite tamén o préstamo de libros cubrindo unha ficha que se entrega na propia fundación.

Ademais, VIDE posúe soportes técnicos para consultar vídeos, CD Rom ou casetes de diversos temas.

Na biblioteca, pódese encontrar o libro “Historias de sticks”, impulsado precisamente por VIDE e que deu pistoletazo de saída ao Mundial de hóckey a patíns de Vigo 2009.

portada libro hockey

Historias de sticks (5.34 MB)

 Glosario biblioteca (5.25 MB)