Cabecera Vide

Conta atrás para unha nova edición do Torneo de Nadal de fútbol formativo

IMG 2558Sexto Nadal consecutivo co fútbol 8 (categorías prebenxamín, benxamín e alevín) e o fútbol 11 (infantil) como protagonistas nunha acción co pulo do Concello e a organización de Afavi, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, e da Fundación VIDE.

A competición volta no Nadal coa sexta edición do Torneo Concello de Vigo. Do 26 ao 29 de decembro, os campos municipais de Vigo verán o mellor fútbol local, que rematará coas finais do día 29 e a súa clausura no pavillón de Navia.

A Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi) envorcouse neste evento patrocinado polo Concello de Vigo e que se xogará  no José Costas (Candeán), Pahiño (Navia), A Guía (Teis), As Relfas (Sárdoma), A Bouza (Coia), Federativo de Coia, Monte da Mina e Cotogrande. Campos da fase previa, oito: A Guía, Candeán, A Bouza, Federativo de Coia, Monte da Mina, As Relfas, Cotogrande e Pahiño (Navia). Campos da fase de cuartos de final, semifinais e final de alevín: A Bouza, Federativo de Coia e Pahiño de Navia. O campo da fase final, o Municipal Pahiño.

A normativa e follas de inscrición, ademais da carta do concelleiro, nos enlaces seguintes:

pdf Carta concelleiro polo torneo 2018 (176 KB)

pdf Autorizacións para toma e publicación de imaxes (376 KB)

pdf Regulamento Torneo Nadal Concello de Vigo 2018 (278 KB)

document Folla de inscrición de xogadores no Torneo Nadal 2018 (83 KB)

document Folla de inscrición do club no Torneo Nadal 2018 (1.66 MB)