Cabecera Vide

Dúas canles de TV ofrecerán a final da Supercopa hoxe en directo

supercopapalco

A Supercopa de España Vigo 2010, vixésima edición do torneo da LNFS, será ofrecida en directo por dúas cadeas de televisión. VEO7 e Teledeporte, ambos da Televisión Dixital Terrestre (TDT), encargaranse de seguir todas as incidencias.

O Concello de Vigo, a través de Tenencia de Alcaldía e da Concellería de Deportes, son os patrocinadores únicos desta competición, que tivo unha cobertura mediática máxima en todo o país.

A final, á que accederon ElPozo Murcia Turística (a costa do Barcelona, 6-4) e Xacobeo 2010 Lobelle (10-6 ao Inter Movistar, vixente campión), é a repetición da do ano 2006 que os murcianos arrebataron aos composteláns 6-5 a 28 segundos do final.