Cabecera Vide

A gala de entrega de premios do Circuíto de carreiras populares, o día 20 no Verbum

marta1O museo Verbum-Casa das Palabras foi confirmado pola Concellería de Deportes como sede da entrega de premios do Circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo. A gala celebrarase o vindeiro mércores 20 de xaneiro ás 20:00 horas, e a ela acudirán os atletas premiados nas seis categorías en disputa (promesa-senior masculina e feminina, F-35, M-40, M-50 e M-60).

O circuíto 2009 contemplou catro probas pedestres en ruta polo asfalto do centro urbano vigués (San Xoán, Vigo+11, Subida ao Castro e Carreira do Pavo) e unha no termo municipal pero no campus universitario de Lagoas-Marcosende (10 km. Cidade Universitaria). O Concello ofreceu para este circuíto unha cifra preto dos 7.000 euros e, en categoría senior-promesa, os vencedores por puntos resultaron ser Marta Fernández (Comesaña) e Daniel Bargiela (Ourense Academia Postal), premiados con 1.200 euros cada un.

No acto do día 20 está confirmada a presenza do concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e da directora-xerente da Fundación Vigo en Deporte (VIDE), Laura Magdalena.

No transcurso da gala tamén presentarase o circuíto 2010 (II Circuíto Cidade de Vigo), que terá varias novidades importantes e arrincará en marzo coa carreira 10 km. Cidade Universitaria.